Pés pintores

Os nenos de 5 anos hoxe estiveron pintando pegadas cos seus pés!!:) 🙂

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

11 de Novembro: Polo San Martiño peóns ao camiño

En homenaxe a este refrán e como estamos entrando na época na que tradicionalmente saían os trompos aos camiños, rúas, escolas…no noso colexio estamos facendo un concurso para saber que rapaz ou rapaza decora o seu peón de forma máis bonita. Para que vexades o preciosos que lle están quedando, ahí van unhas fotiños.

SAMAÍN NA ARMENTEIRA!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

hoxe celebramos o Samaín que noutros sitios se chama Halloween, tumba por aquíiii tumba por alá, tumba, tumba , uaha ha ha ha !!!!!!!!

Excursión ao Café Moderno

O luns 25 de Outubro estivemos todos e todas de excursión en Pontevedra con motivo do aniversario do “Café Moderno” sede da fundación Caixa Galicia. Ahí van unhas fotiñas para que vexades o ben que o pasamos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

preparando o outono!!

os rapaces de 3º ciclo estamos facendo unha arbore inspirada no fantastico pintor Gustav Kilmt, utilizamos palstilina, cordel dourado ,espelliños, purpurina… a ver como queda!!!!

fin curso xuño 2010

probando a subir unhas fotos: fin de curso xuño do 2010!!! o cole completo!

dende aquí un saúdo a Sara, Noelia e Jose Ramón que marcharon para ó Mosteiro!!!

¡Comezamos novo curso!

Este Venres comeza o novo curso escolar, curso no que o noso centro está de aniversario, 25 aniños cumple xa.

Este curso estrenaremos esta nova ferramenta multimedia, o noso blog, no cal iremos informando sobre actividades que se fan no cole, fotos ou vídeos interesantes, recursos… esperamos contar ca participación de toda a comunidade educativa.

Outra novidade no centro son as profes de 3 e 4 anos e a de primeiro ciclo, Lorena e Maite, benvidas.

E pouco máis polo de agora, seguiremos informando.

Atentamente, Alba (Coordinadora das TICs e profe de E.F)

Por certo, o martes día 5 de outubro teremos a reunión xeral de principio de curso, esperamos ver a todos os pais e nais!!