Comeza a celebración de cumpleanos!

Comezaron as actividades para celebrar os 25 anos do cole! Para comenzar podedes pasarvos a ver a exposión de todas as revistas escolares “A Colleita” que se fixeron neste centro. Ademais tamén poderedes contarnos cousas importantes que vos sucederon no centro, anécdotas… e deixalas plasmadas no noso libro de recordos. ANIMÁDEVOS!!

Anuncios

Este ano cumplimos 25

      Como xa publicamos noutra noticia, este ano o cole cumple 25 aniños. Ao longo do curso faremos diferentes actividades para celebralo, a primeira será unha exposición de todas as revistas escolares (“A COLLEITA”) feitas no centro. Xa iremos informando do resto de actividades conmemorativas, pero dende este blog desexámoslle ao cole un feliz cumplenos!